Icnitas de Dinosauro
da Península Ibérica

Xustificación da candidatura de IDPI Fumanya mapa cartográfico

O ben IDPI agrupa once depósitos que abranguen os 100 últimos millóns de anos do Mesozoico, dende o Xurásico medio ata o Cretáceo superior. Encóntrase representado por estratos no Bajociense-Batoniense (Pedreira do Galinha, Vale de Meois), Kimmeridgiense (Tereñes), Titónico-Berriasiense (Pedra da Mua, Las Cerradicas, Fuentesalvo), Hauteriviense-Barremiense (Costalomo), Aptiense (El Peladillo, Los Cayos), Santoniense-Campaniense (Tambuc) e Maastrichtiense (Fumanya). A totalidade dos depósitos cobren practicamente todo o intervalo de tempo e comprende catro de seis períodos da era dos dinosauros. Deste xeito, engloban a súa historia evolutiva a nivel mundial e documentan especialmente a gran diversificación que experimentaron dende o Xurásico medio ata o momento da súa extinción, ao final do Cretáceo.

Rexistráronse 18 novos icnotaxóns de pegadas de dinosauro no marco da Península Ibérica que pertencen a diferentes icnogrupos (Saurópodos, Terópodos e Ornitópodos). Así mesmo, outros foron identificados e localizados en distintos lugares. Cabe destacar a abundancia de icnitas de saurópodos, terópodos de ornitópodos, así como de tireóforos e icnitas de aves. Engloban unha variedade significativa de asociacións bióticas.

Os once depósitos da candidatura IDPI representan a extraordinaria e diversa riqueza do rexistro paleoicnolóxico de dinaosauros da Península Ibérica (ao redor de 230 depósitos e máis de 22.000 pegadas). Representan a sucesión faunística destes vertebrados durante os últimos 100 millóns de anos do Mesozoico, sendo de especial importancia a nivel mundial por servir como unha enorme ventá para descifrar o cambio de faunas de dinosauros producido entre o Xurásico e o Cretácico, ademais de quedar reflectidos os múltiples modos de vida e ambientes nos que viviron os dinosauros. A pesar de existir outros dominios xeolóxicos que desvelan a diversidade mundial dos dinosauros, ningún é tan relevante, preciso e completo como o conxunto dos depósitos IDPI.

Grazas á riqueza icnolóxica dos dinosauros da Península Ibérica, levouse a cabo unha exhaustiva comparación con outros depósitos paleoicnolóxicos do mundo co fin de ilustrar a representación dos depósitos IDPI a nivel mundial. O resultado desta comparación desvelou que os dous dominios xeolóxicos fan da Península Ibérica o lugar máis importante do mundo en relación á información científica proporcionada polas icnitas de dinosauro e o seu ámbito. Outros lugares, como o centro dos Estados Unidos, teñen unha grande importancia non obstante a Península Ibérica conserva a información nunha área moito máis reducida, a placa ibérica. Dende a súa fragmentación do supercontinente Panxea funcionou como unha illa ou ponte que conectaba os diversos tipos de fauna das principais masas continentais próximas. Os fósiles desta zona conteñen unha importante información científica universal relacionada coa sucesión da fauna dos dinosauros durante a creación do que agora coñecemos como o Océano Atlántico. Esta característica só podería darse nunha zona privilexiada que actuou no seu día como o «centro do mundo» (o lugar central no que tivo lugar a única ruptura da masa continental existente).

Ben é certo que non se trata da única localización posible para desenvolver importantes avances científicos pero rara vez a historia evolutiva dun gran grupo de organismos extinguidos tivo a posibilidade de ser reconstruída completamente no marco dun só ben. Este é sen dúbida o lugar principal para explicar a evolución dos dinosauros ao longo dun período xeolóxico tan extenso e nunha área xeográfica tan delimitada. Cabe resaltar que o descubrimento dun maior depósito de pegadas noutro lugar do planeta non cambiaría en ningún momento a situación privilexia de IDPI.

Moitos dos depósitos ibéricos de pegadas foron estudados por renomeados especialistas como Martin Lockley, Christian Meyer, Jean Le Loeuff, William Antony Swithin Sarjeant, Marco Avanzini, etc. e en consecuencia, foron citados en numerosos documentos científicos e obras especializadas. Estes investigadores colaboran con equipos españois e portugueses de varias universidades, museos e fundacións. O resultado é un número crecente de artigos científicos escritos conxuntamente.

Tanto a diversidade coma a riqueza exhibidas nos depósitos paleontolóxicos, en xeral e paleoicnolóxico, en particular, desembocou nunha gran variedade de iniciativas de investigación, protección e concienciación en toda a Península Ibérica. Varios depósitos de pegadas convertéronse en verdadeiros museos ao aire libre. O que xerou á súa vez traballo para as diferentes institucións paleontolóxicas internacionais, garantindo non soamente a continuidade nas investigacións senón tamén a conservación do depósito para as xeracións vindeiras. Así mesmo, a dispersión dos depósitos axudou a revitalizar zonas deprimidas economicamente. Este ben é un claro exemplo dos beneficios que produce para un amplo abano de sectores da poboación a aumentación da concienciación nos recursos naturais.

A maior parte dos depósitos incluídos neste ben encóntranse en zonas declaradas parque natural, parque xeolóxico ou parque cultural. Sitúanse sempre en zonas de protección especial (cultural e/ou ambiental). A interacción do ser humano co seu ámbito permitiu o descubrimento de novos afloramentos con pegadas, que foron á súa vez protexidos a raíz da promulgación de numerosas leis de protección.

- Os depósitos portugueses do Vale de Meios e de Pedreira do Galinha encóntranse dentro do «Parque natural das Serras de Aire e Candeeiros». O depósito de Pedra da Mua sitúase no Parque Natural de Arrábida. Estes dous parques naturais posúen unha importante e interesante herdanza xeolóxica e biolóxica que permite o estudo da evolución paleoecolóxica dende o Xurásico ata a actualidade. A ampla exposición de rochas sedimentarias deu lugar á xeración de formacións endocársticas e exocársticas, permitindo o desenvolvemento da vexetación típica mediterránea. En áreas próximas aos dominios xeolóxicos é posible identificar outros depósitos con pegadas de dinosauros, así como formacións ricas en fósiles doutros animais pertencentes á reconstrución paleoambiental.

- As Cerradicas enmárcanse dentro do xeoparque europeo e mundial do Mestrado.

- Os depósitos do Peladillo e Los Cayos (A Rioxa) áchanse nunha zona declarada reserva da biosfera (o 9 de xullo de 2003, o consello internacional do programa da UNESCO sobre o home e a biosfera -MAB- declarou os Vales de Leza, Jubera, Cidacos e Alhama reserva da biosfera).



Icono de conformidad con el Nivel Doble-A del W3C-WAI. Se abre en ventana nueva Titulares RSS disponibles

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte